martes, 15 de junio de 2010

ORIENTACIÓN DEPORTIVA ESCOLAR: BALANCE DO CURSO 2009/2010

Ola! Este ano desde o Equipo de Dinamización da Actividade Físico-Deportiva do noso centro, impulsamos de xeito experimental a creación do que no futuro pode ser unha Escola de Orientación Deportiva.

Este deporte consiste na realización de percorridos pasando por uns controis coa única axuda do mapa e a búxola. Desde o mes de marzo até final de curso, varios alumnos de primeiro da ESO, xuntaronse no recreo do comedor dos mércores, para ir aprendendo as técnicas básicas desta disciplina.

Durante estes meses, estes alumnos participaron en varias probas do calendario escolar e federado en Ourense, A Coruña e Vigo con notables éxitos. Entre eles destacar os seguintes:

- Mario Barreira Vázquez:
Subcampión Provincial Infantil

- Raúl Iglesias Náñez:
Campión Provincial Infantil
SUBCAMPIÓN GALEGO INFANTIL



Parabéns para todos e animaros a seguir participando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario