martes, 15 de junio de 2010

O CAMIÑO DE SANTIAGO POR TERRAS DE CAMBEO

Ola, este ano xacobeo 2010 o alumnado e o profesorado do noso centrofixemos un traballo interdisciplinar arredor da variante da Via da Prata que pasa polas terras que nos rodean.

Á variante da Via da Prata ou Camiño Mozárabe que atravesa estes lugares tamén se lle chama variante sanabresa (por Zamora); ainda que a capital ourensá tamén recebe aos camiños vidos da raia seca, chegando directamente do viciño Portugal.

Podedes atopar na web do colexio un documento elaborado por Sabela e Miguel, alumnos de 3ºB da ESO, que inclúe un mapa topográfico do tramo Cudeiro norte-Tamallancos, co seu perfil, así como unha breve guia descriptiva. Esta no seguinte enlace (ver apartado Plano de Ruta):

http://centros.edu.xunta.es/cpiantoniofailde/?q=category/7/84

Desde eiquí, animamosvos a que este verán fagades este agradable roteiro. Un bó xeito de mesturar unha actividade san co coñecemento do noso patrimonio cultural; porque o Camiño é cultura e lugar de encontro, tamén. Segundo se van achegando as vacacións, cada día son máis os pelegríns, que con distintos medios, van atravesando os nosos lugares queridos. Non tedes máis que unirvos a eles e compartir o que seguro será unha enriquecedora xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario