viernes, 4 de diciembre de 2009

XORNADA POLIDEPORTIVA DE 3º CICLO DE PRIMARIA




O XOVES 3 DE DECEMBRO , OS ALUMNOS/AS DE 3º CICLO DE PRIMARIA , PARTICIPARON NUNHA XORNADA POLIDEPORTIVA COS ALUMNOS/AS DE CEA , NO COLEXIO VIRXE DA SALETA

XORNADA POLIDEPORTIVA DE 2º CICLO DE PRIMARIA




O LUNS 23 DE NOVEMBRO , OS ALUMNOS/AS DE 2º CICLO DE PRIMARIA , PARTICIPARON NUNHA XORNADA POLIDEPORTIVA COS ALUMNOS/AS DE CEA , NO COLEXIO DE CAMBEO.

domingo, 15 de noviembre de 2009

FOTOS SAN MARTIÑO 2009




¡ Deporte en estado puro ! . Choiva , moita choiva!!!!!!!!!!.............. pero os/as alumnos/as de Cambeo demostraron que son uns grandes deportistas .......¡ NORABOA PARA TODOS/AS !.

FOTOS SAN MARTIÑO 2009



FOTOS SAN MARTIÑO 2009





martes, 10 de noviembre de 2009

MAGOSTO DO 3º CICLO DE PRIMARIA






O 10 de Novembro , os alumnos/as de 3º ciclo de primaria fixeron unha camiñata ata o polideportivo do Concello de Coles , onde disfrutaron con diversos xogos. Ás 13 horas foron ata o campo de fútbol de Coles , fixeron un lume , xantaron empanada e bolos preñados , asaron castañas e ...........pintáronse con cinsa!

viernes, 30 de octubre de 2009

VISITA DOS XOGADORES DO CLUBE OURENSE BALONCESTO

O Venres 30 de Outubro , recibimos a visita dos xogadores do Clube Ourense Baloncesto . Xogaron cos nenos/as , asinaron autógrafos , repartiron entradas gratuítas para o partido contra o Palencia (Domindo 1 de Novembro) e respostaron ás preguntas ( "en inglés") que lles fixeron os alumnos/as e profesores/as.
Aproveitamos para agradecerlles a súa visita e desexarlles moita sorte!

miércoles, 28 de octubre de 2009

LIGA POLIDEPORTIVA DE PRIMARIA


O MARTES 20 DE OUTUBRO COMEZOU A LIGA POLIDEPORTIVA DE PRIMARIA 2009/10 , NA QUE PARTICIPARÁN 80 ALUMNOS/AS DE 2º A 6º DE PRIMARIA . ESTA LIGA CELEBRARASE NOS RECREOS E OS ALUMNOS/AS INSCRITOS PARTICIPARÁN EN FUTBOL SALA , BALONMÁN , BALONCESTO E BÁDMINTON.

CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO


UN ANO MÁIS , O DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA DO CPI ANTONIO FAILDE, PROMOVE A PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA DESTE CENTRO , NA CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO QUE SE CELEBRARÁ O DOMINGO 15 DE NOVEMBRO POLAS RÚAS DE OURENSE.
NA EDICIÓN PASADA RECIBIMOS UN AGASALLO POLA ALTA PARTICIPACIÓN (120 ATLETAS).

miércoles, 17 de junio de 2009

CAMPEONATO GALEGO DE DEPORTE NA ESCOLA EN TUI


O Martes 9 de Xuño , os alumnos/as de 6º de primaria disputaron o Campeonato Galego de Deporte na Escola , representando á provincia de Ourense.

XORNADA PREDEPORTIVA (1º-2º DE PRIMARIA)


O Xoves , 11 de Xuño , recibimos a visita dos alumnos/as do Colexio de Cea. Durante toda a mañá fixemos xogos predeportivos (xogos de pelota , xogos de raqueta , ....)

jueves, 7 de mayo de 2009

XOGOS NO PATIO




O Departamento de Dinamización da actividade físico -deportiva , en colaboración co de Dinamización das Actividades Medioambientais , finalizou por este curso a 1ª fase do Proxecto " Xogos no patio " .
Esta iniciativa , pretende integrar no "bosquete" do colexio xogos populares , para dar unha maior funcionalidade ó mesmo , así como para o disfrute dos alumnos/as .
Os xogos desta 1ª fase son os seguintes : Os bolos , as canicas , a chave , as chapas , o brilé , o tres en raia , o pano e o voleibol.
Estes zoa conta cunha grande aceptación por parte dos alumnos/as (en cada recreo xogan participan unha media de 60)


xornadas de convivencia lúdico-deportivas co colexio de Cea


Os alumnos/as do CPI Antonio Faílde de 3º de primaria , ata 2º da ESO , participaron nunhas xornadas de convivencia con actividades deportivas e xogos populares , cos alumno/as do Colexio de Cea. Estas xornadas celebráronse o 29 de Abril e o 4 de Maio.

jueves, 2 de abril de 2009

XORNADA POLIDEPORTIVA COS ALUMNOS DE 3º CICLO DE PRIMARIA DE CEA


O MARTES 31 DE MARZO , CELEBROUSE , NO NOSO CENTRO , UN ENCONTRO POLIDEPORTIVO COS ALUMNOS DE 3º CICLO DE PRIMARIA DE CEA.

jueves, 12 de marzo de 2009

NOVOS XOGOS NO PATIO ( voleibol e os bolos)




O Departamento de Dinamización da actividade física e deportiva , acaba de inaugurar novas zoas de xogos no patio , cun campo de BOLOS e outro de VOLEIBOL.
Así , no noso Centro contamos cunha zoa de XOGOS DE MESA , unha zoa de CARREIRA DE CHAPAS , unha zoa do TRUCO e unha zoa de TRES EN RAIA.

miércoles, 18 de febrero de 2009

XORNADA POLIDEPORTIVA NO COLEXIO DE CEA


A xornada de convivencia cos alumnos/as de Cea , foi un éxito . Os nenos/as fixeron novos amigos , practicaron exercicio físico e disfrutaron moito.

jueves, 12 de febrero de 2009

ENCONTRO POLIDEPORTIVO NO COLEXIO DE CEA


O vindeiro Luns 16 de Febreiro , o Departamento de Educación Física deste Centro ten previsto realizar unha saída ó CPI de Cea , para participar na proba “Deporte na Escola” (baloncesto, bádminton, balonmán, fútbol sala e proba de coñecementos), dende ás 10:30 ata ás 13:00 horas, acompañados por profesorado deste Centro.

miércoles, 11 de febrero de 2009

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


O Sábado 7 de Febreiro de 2009 , 24 alumnos/as de 3º , 4º , 5º e 6º de primaria , do cpi antonio faílde , acudiron ó campeonato provincial de campo a través disputado no complexo deportivo de Monterrei , onde acadaron uns resultados máis que satisfactorios.