jueves, 7 de mayo de 2009

XOGOS NO PATIO




O Departamento de Dinamización da actividade físico -deportiva , en colaboración co de Dinamización das Actividades Medioambientais , finalizou por este curso a 1ª fase do Proxecto " Xogos no patio " .
Esta iniciativa , pretende integrar no "bosquete" do colexio xogos populares , para dar unha maior funcionalidade ó mesmo , así como para o disfrute dos alumnos/as .
Os xogos desta 1ª fase son os seguintes : Os bolos , as canicas , a chave , as chapas , o brilé , o tres en raia , o pano e o voleibol.
Estes zoa conta cunha grande aceptación por parte dos alumnos/as (en cada recreo xogan participan unha media de 60)


xornadas de convivencia lúdico-deportivas co colexio de Cea


Os alumnos/as do CPI Antonio Faílde de 3º de primaria , ata 2º da ESO , participaron nunhas xornadas de convivencia con actividades deportivas e xogos populares , cos alumno/as do Colexio de Cea. Estas xornadas celebráronse o 29 de Abril e o 4 de Maio.